Asemblea aberta en Santa Cruz

Querémoste convidar á asemblea aberta que faremos este martes 2 a partir das oito da tarde no Lar Espazo Aberto de Santa Cruz: querémoste convidar a ti e ás túas ideas; aos teus soños; a ti e ás túas propostas; á túa capacidade creativa de imaxinar un concello para o futuro.

Na asemblea deste martes tes a oportunidade de achegarnos as túas ideas, mais tamén a ocasión de opinar e debater sobre as ideas, propostas e proxectos que temos anotados. Queremos construír contigo tamén o programa electoral do BNG. Apúntaste?

Lembra que aínda podes achegarnos as propostas que queiras: a través da app (chega con que escanees o código QR que aparece no cartaz ou, se non, podes descargala debalde desde Play Store, buscando por BNG 2019; escolles comarca da Coruña, localidade de Oleiros e xa está), por correo ou a través das redes sociais.

Propón connosco!