A ASEMBLEA ABERTA CELEBRADA O PASADO 11 DE ABRIL ESCOLLEU UNHA CANDIDATURA PROFUNDAMENTE RENOVADA, CON EQUILIBRIO ENTRE XÉNEROS E CON PRESENZA DE TODAS AS PARROQUIAS DO CONCELLO

Fran Rei encabezará de novo en Oleiros a candidatura do BNG para as municipais

Un equipo composto por un total de 27 persoas, 14 mulleres e 13 homes, será o que conforme a candidatura do BNG de Oleiros ás eleccións municipais do 26 de maio, de novo encabezada por Fran Rei García, veciño de Santa Cruz de 37 anos, candidato á alcaldía nas anteriores municipais de 2015.

Fran Rei encabezará de novo en Oleiros a candidatura do BNG para as municipais

Un equipo composto por un total de 27 persoas, 14 mulleres e 13 homes, será o que conforme a candidatura do BNG de Oleiros ás eleccións municipais do 26 de maio, de novo encabezada por Fran Rei García, veciño de Santa Cruz de 37 anos, candidato á alcaldía nas anteriores municipais de 2015. Rei é o actual portavoz municipal nacionalista na corporación.

Unha asemblea aberta celebrada o pasado 11 de abril acordou aprobar por aclamación unha candidatura, proposta á asemblea polo propio Rei, onde destacan con moita forza as caras novas, reflexo do “tempo novo” no BNG ao que tantas veces ten feito referencia Ana Pontón, con gran número de novas incorporacións nos últimos tempos. Dita renovación comeza, por exemplo, polo tramo inicial da lista: o candidato é o único que repite e, das outras catro persoas que o forman, tres é a primeira vez que van na candidatura do Bloque.

Outros trazos que caracterizan a candidatura coa que concorre o BNG ás municipais do próximo 26 de maio é o equilibrio entre xéneros, cuestión que para o Bloque é irrenunciábel, e a súa representatividade territorial, con candidatas e candidatos das nove parroquias do municipio. Aínda que se buscou dar un peso específico ás parroquias con máis poboación, Liáns e Perillo, quíxose tamén dar un peso importante na candidatura a zonas do concello tradicionalmente esquecidas, como Dexo e Lorbé ou Nós e Iñás.

O BNG encara a campaña electoral das municipais convencido de contar cun equipo “de proximidade” con ideas claras “para que Oleiros funcione aínda mellor”; preparado para asumir calquera tipo de responsabilidade, “incluída a de gobernar”; renovado nunha ampla parte, pero que non desbota o traballo feito durante os últimos vinte anos e a experiencia acumulada nese tempo. Por iso, a candidatura conta unha vez máis con figuras históricas do nacionalismo de esquerdas oleirense como Loli Loureiro, de Lorbé, ou Manuel Ferreiro, de Nós, que pechan a lista, ou Andrés Hernández Mouriño, de Santa Cruz, número dous da candidatura en 2015 e que agora figura, simbolicamente, como 1º suplente.

O BNG ultima estes días un amplo e moi dinámico programa electoral que dará a coñecer publicamente os próximos días, unha vez que pasen as eleccións xerais do 28 de abril.


Candidatura do BNG ás eleccións municipais do 26 de maio:

1. Fran Rei García (Porto de Santa Cruz – Liáns)
2. Xurxo Martínez Caño (Lorbé)
3. Natalia Martos López (Montrove)
4. Susana Peña Liaño (Perillo)
5. Uxío Pedreira Dans (Santa Cruz)
6. Ivám Roca Cruz (Dexo)
7. Ana Gil Poisa (O Romardeiro – Liáns)
8. Iria Taibo Corsanego (Santa Cruz)
9. Aitor Romero Villamor (Perillo)
10. Pedro López García (Dorneda)
11. Celtia Sanmartín García (Lorbé)
12. Sonia Insua Ruibo (Mera)
13. Noé Vázquez García (O Mesón da Auga – Nós)
14. Rai Peres Fernandes (O Couto – Dorneda)
15. Lucía López de Castro Ruíz (Santa Cruz)
16. Elvira Uzal Sánchez (Perillo)
17. Óscar Prado Bello (Perillo)
18. Roberto Villar Fraga (Oleiros)
19. María Alén Caridad (Mera)
20. Dores Loureiro Iglesias (Lorbé)
21. Manuel Ferreiro Bra (O Vilar - Nós)

SUPLENTES
1. Andrés Hernández Mouriño (Santa Cruz)
2. Eva Valiño Bouzas (O Valiño- Nós)
3. Carme García Pereiro (Serantes)
4. Alberte Ferreiro Vázquez (Iñás)
5. Yael García López (Santa Cruz)
6. Isabel Ponte Miñán (Vilanova- Nós)