ESTA OPCIÓN QUERE SER UN COMPLEMENTO AO PROCESO DE ASEMBLEAS VECIÑAIS ABERTAS DESENVOLVIDAS NAS ÚLTIMAS SEMANAS NAS DISTINTAS PARROQUIAS DO MUNICIPIO

Nova app móbil para achegar propostas electorais

Fonte: Wikipedia
Fonte: Wikipedia

O BNG de Oleiros lanza unha sinxela aplicación móbil para que calquera persoa ou colectivo poida achegar de maneira directa propostas ou ideas concretas de cara á elaboración do programa para as eleccións municipais do próximo 26 de maio.

Nova app móbil para achegar propostas electorais

O BNG de Oleiros lanza unha sinxela aplicación móbil para que calquera persoa ou colectivo poida achegar de maneira directa propostas ou ideas concretas de cara á elaboración do programa para as eleccións municipais do próximo 26 de maio.

A app, descargábel gratuitamente desde o coñecido aplicativo Play Store e compatíbel con calquera modelo de smartphone, está operativa desde este mesmo luns día 11 e permanecerá activada até a mesma campaña electoral. Por medio duns sinxelos pasos calquera veciña ou veciño ou calquera colectivo poderá facerlle chegar ao Bloque ideas ou propostas para inserir no programa electoral nacionalista. Un código QR será incluído a partir de agora en todos os materiais do BNG para dar acceso directo á nova aplicación.

Esta nova vía virtual de envío de propostas súmase ás redes sociais xa habituais da formación nacionalista en Oleiros (Facebook, Twitter, Instagram), así como ao propio correo electrónico:bng.oleiros@gmail.com, e complementa o proceso de recollida de propostas desenvolvido polo Bloque a través das asembleas abertas que tiveron lugar nas distintas parroquias do concello nas últimas semanas.

O BNG contactará individualizadamente con cada persoa ou colectivo que achegue as súas propostas a través da app, do correo electrónico ou das redes sociais para informar sobre o estado no que estea en cada momento o proceso de elaboración do programa electoral.