Visita a Oleiros da eurodeputada Ana Miranda

No día de hoxe, a eurodeputada e candidata ao parlamento europeo Ana Miranda visitou o Concello de Oleiros acompañada por Fran Rei, candidato á alcaldía, e outros membros da candidatura municipal.

Visita a Oleiros da eurodeputada Ana Miranda

No día de hoxe a eurodeputada e candidata ao parlamento europeo Ana Miranda visitou o Concello de Oleiros. Acompañada por Fran Rei, candidato á alcaldía e outros membros da candidatura municipal, Ana Miranda tivo un amplo programa no noso concello que incluiu as seguintes paradas:

- Visita á nave das Mulleres Colleiteiras no Polígono de Iñás: cooperativa de economía social na que escoitou os seus obxectivos e necesidades, como a visibilización do seu traballo e o de teren máis apoio social e institucional ao labor que realizan.

- Visita ás instalacións do CEIDA no castelo de Santa Cruz: conversa co seu director, Carlos Vales e Xosé Manuel Barros, do colectivo ambiental Mar de Fábula. Neste encontro, Ana Miranda recadou datos para as iniciativas sobre contaminación mariña nas que leva todo o mandato traballando como membro do grupo parlamentario dos Verdes-ALE.

- Xantar con militantes e simpatizantes en Mera

- Visita ao porto de Lorbé , onde Ana e Fran estiveron acompañadas polo número 2 da candidatura e veciño de Lorbé, Xurxo Martínez Caño. Conversaron coas redeiras, colectivo laboral  cen por cen feminizado ao igual co das Mulleres Colleiteiras e con problemáticas específicas.

- Limpeza de lixo nas dunas da praia de Santa Cristina: ecosistema moi danado pola urbanización agresiva da contorna de hai décadas e que chama pola súa recuperación.

Mañá mércores, temos previsto seguir co reparto do programa electoral en Santa Cruz, o xoves en Rialta-Dorneda e o venres en Lorbé, asistinto ao acto de Queremos Galego previsto para ese día pola mañá.