Acto público de presentación da candidatura na Casa Charry de Oleiros

Acto público de presentación da candidatura na Casa Charry de Oleiros

Tarxeta acto principal

 

Este sábado 18 de abril ás 20.30 horas imos presentar a todo o noso pobo a candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Oleiros.

Vai ser un acto sinxelo, alegre, dinámico, fresco: como entendemos no BNG-Asembleas Abertas de Oleiros que debe ser o auténtico exercicio da política e como entendemos tamén que debe ser o concello que aspiramos a transformar, a seguir construindo de común acordo coa inmensa maioría social do noso pobo.

No acto intervirá o noso actual concelleiro e portavoz municipal, Manuel Sarmiento, a nosa deputada no Parlamento de Galiza Ana Pontón e o noso candidato á Alcaldía, Fran Rei. Mais tamén haberá tempo para algunhas sorpresiñas musicais que seguro que son do voso agrado, e que farán do acto unha pequena festa que queremos compartir con tod@s vós: veciñ@s e amig@s.

Logo aínda haberá tempo de lle ir tomar un viño no Tiberio. Despois, a partir das 22 horas, a festa segue cunha Cea de Irmandade na Cervexaría LORD de Santa Cruz, á que por suposto convidamos a todo o mundo (prezo: 15 €/persoa - 10 € para a xente nova). Podédesvos anotar no correo bng.oleiros@gmail.com ou no teléfono 679 721 687.