OS PROBLEMAS COA REDE DE SANEAMENTO, QUE A VECIÑANZA DA ZONA LEVA PADECENDO UNHA DÉCADA, CHEGARÁN NOS VINDEIROS DÍAS AO PARLAMENTO DE GALIZA A TRAVÉS DO DEPUTADO XOSÉ LUÍS RIVAS MINI

O BNG de Oleiros denuncia un novo episodio de vertidos e cheiros na Rúa Bartolomé de las Casas de Nós

Como vén acontecedendo cada vez que chove con certa continuidade, entre onte e esta mesma mañá rexistrouse un novo episodio de vertidos e fedores nauseabundos no comezo da Rúa Bartolomé de las Casas, na parroquia de Nós, procedente da obsoleta rede de saneamento que dá servizo á zona.

O BNG puido constatar, alertado unha vez máis pola veciñanza das casas próximas, como do sumidoiro de pluviais situado á altura do número 10 de Bartolomé de las Casas sae a cachón unha escuma de cor clara e cheiro nauseabundo que invade por completo a calzada e acaba por saír a un rego que vai desembocar no río da Gándara, cuxas augas dan ao Mero e acaban na Ría.

A veciñanza da zona leva máis dunha década soportando, e denunciando publicamente, estes continuados vertidos e fedores cada vez que chove, procedentes dunha obsoleta rede de pluviais que recolle desde augas das marxes da estrada N-VI até do Polígono Industrial do Espírito Santo. Xusto hai agora dous anos, en abril de 2016, un gran vertido no mesmo punto mobilizou as policías locais de Cambre e Oleiros e mais a Policía Autonómica e levou a comprobar como, presuntamente, o punto de orixe estaba na arqueta situada xunto a unha das empresas do polígono.

O endémico problema dos vertidos que padece a zona da Gándara, en Nós, chegará ao Parlamento de Galiza nos próximos días da man do deputado do BNG Xosé Luís Rivas, Mini, que hai aproximadamente un mes visitou a zona e algúns dos veciños directamente afectados. O BNG urxirá os responsábeis de Augas de Galiza e as consellarías de Medio Ambiente e Infraestruturas para que asuman as súas responsabilidades e executen de vez o anunciado proxecto de renovación da rede de pluviais nunha zona que, a través das augas do río da Gándara e do Mero, orixina un novo punto de vertido á Ría do Burgo.