O BNG de Oleiros presentou onte no rexistro as súas propostas para o orzamento municipal de 2020

 

O BNG de Oleiros presentou onte no rexistro as súas propostas para o orzamento municipal de 2020
Onte  mércores día 26 de febreiro ás 10,30 horas o concelleiro do BNG de Oleiros, Fran Rei, presentou na oficina do rexistro municipal as propostas para o orzamento de 2020. O documento recolle as peticións do BNG no referido a vivenda, turismo, xénero, economía social, medio ambiente e benestar animal e obras, como principais materias, produto das conversas mantidas coa cidadanía de Oleiros. A petición vai acompañada dun escrito ao alcalde de Oleiros no que explica a natureza das propostas e a viabilidade das mesmas de existir vontade política.  Fran Rei estivo  acompañado de varios integrantes da Asemblea Local do BNG de Oleiros.