Fran Rei e a superheroína Nabiza Girl visitaron onte o Mercado Municipal de Perillo

Fran Rei e a superheroína Nabiza Girl visitaron onte o Mercado Municipal de Perillo

Oleiros é o décimo concello de Galiza en poboación e o maior da Área Metropolitana da ??Coruña?. Porén, conta en proporción coa menor oferta comercial e de servizos básicos, o que obriga a facer fóra todo tipo de compras, co subseguinte custo en tempo, diñeiro, contaminación ambiental...

O BNG-Asembleas Abertas aposta decididamente polo comercio de proximidade e en moitas ocasións ten feito chamadas ao compromiso persoal da veciñanza para facer as súas compras no comercio local: o máis próximo, o que xera vida, riqueza e dinamismo nas nosas parroquias. Porén, non son suficientes os lemas nin as boas intencións: son precisas medidas concretas que revitalicen o desenvolvemento económico. Ningún concello pode subsistir sen un tecido económico propio e diversificado que cree vida, postos de traballo, preste servizos e amplíe o benestar.

Onte quixemos escenificar a situación do languidecente comercio local de Oleiros cunha simbólica perfomance no Mercado Municipal de Perillo, exemplo pleno de como se foron deixando morrer nas últimas décadas equipamentos no seu día punteiros: alí levamos á actriz e compañeira Isa Risco, transmutada na superheroína galega Nabiza Girl, co seu fouciño e todo, para compartir parte dos seus superpoderes e da súa enerxía de superheroína galega coas praceiras e praceiros e coas usuarias e usuarios.

Revitalizar o comercio de proximidade alí onde vive a xente, nos núcleos de poboación das parroquias, como máis unha forma de dar nova vida ás nosas rúas e aos nosos lugares, nun concello onde facer grandes desprazamentos para calquera acto da vida cotiá sexa unha opción, pero nunca unha necesidade. ?Depende de Nós!

20150521_132438