Propostas para os Orzamentos da Xunta de 2020

Fonte: Flickr
Fonte: Flickr
O BNG de Oleiros trasladou ao debate parlamentario sobre os Orzamentos da Xunta para 2020 propostas para o municipio por valor de 5 millóns de euros. Medio ambiente, mobilidade ou ensino concentran, un ano máis, o groso das propostas nacionalistas para o municipio.
Propostas para os Orzamentos da Xunta de 2020

Un ano máis, o BNG de Oleiros vén de trasladar ao Parlamento de Galiza toda unha serie de propostas de investimento para o municipio no marco do debate do proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano 2020 que estes días está a ter lugar na Cámara galega.


As propostas que, en forma de emenda, traslada o Bloque de Oleiros a través das deputadas e deputados nacionalistas ao debate orzamentario ascenden, no total, a uns cinco millóns de euros. 

Desta cantidade total, de novo dúas reivindicacións concretas suman a metade do total proposto: no apartado de ensino e igualdade, a creación dunha nova escola infantil de 0-3 anos, cuxo emprazamento o BNG defende na parroquia de Nós, a terceira do municipio en poboación; e no apartado de mobilidade, a mellora da seguridade viaria na AC-174 (Avenida de Rosalía de Castro, especialmente na travesía de Montrove), tan longamente demandada pola veciñanza.


Os centros de ensino de Oleiros, e as necesidades das súas comunidades educativas, son obxecto doutra das emendas presentadas polo BNG, neste caso por valor de 1.200.000 €. Cabe recordar, a necesidade de renovación das instalacións do CEIP A Rabadeira de Oleiros, o máis antigo do concello, ou a necesidade dun patio cuberto no
CEIP Juana de Vega de Nós, só por citar algúns exemplos.


Un ano máis, o BNG defende a través de emendas concretas que a Xunta de Galiza “mire” polo porto de Lorbé, actualmente o único do municipio con actividade económica destacábel. E, neste sentido, preséntanse senllas emendas para que Portos de Galiza executen sen máis demoras o aparcadoiro e a rede de saneamento proxectadas hai xa case unha década.


Os outros investimentos propostos para Oleiros nas contas autonómicas p plan de financiamento plurianual estábel que asegure xa non a supervivencia, senón o crecemento dun centro de estudo e divulgación tan absolutamente referencial. Na mesma Costa de Dexo-Serantes mediante a redacción e execución dun plan de xestión do espazo protexido.