Achégase o Nadal: cea de convivio e lotaría

lotaria_nadal_BNG

Queda pouco para que chegue o Nadal e, desde o BNG de Oleiros, queremos celebrar unha cea de convivio con vós e recordarvos que xa podedes mercar as participacións da nosa lotaría.

Achégase o Nadal: cea de convivio e lotaría

Desde o BNG de Oleiros queremos reunir a todos os afiliados, simpatizantes e amigos para celebrardes connosco unha cea de convivio antes do Nadal. Realizarase o próximo venres 24 de novembro na cervexaría Lord de Santa Cruz. Animámosvos a que vos apuntedes! O prezo serán 12€ por persoa, agás afiliados de Galiza Nova e menores de 10 anos, que pagarán 10€.

Ademais, recordámosvos que xa temos a lotaría de Nadal e non podedes quedar sen ela. Este ano xogamos o número 57571 e as participacións son de 2.50€ (xogando 2€). Tamén con cada unha entrarase no sorteo dun lote de produtos alimentarios galegos.

Tanto para vir á cea como para mercar a lotaría podedes contactar con nós por teléfono (679721687) ou correo electrónico ([email protected]).

Achégase o Nadal: cea de convivio e lotaría