O BNG DE OLEIROS APOSTA POR IMPLANTAR MEDIDAS DE CALMADO DO TRÁFICO EN TODA A ARTERIA CENTRAL DA LOCALIDADE AGORA QUE ESTE TRAMO DA AC-173 É DE COMPETENCIA MUNICIPAL. XA NO ANTERIOR MANDATO MUNICIPAL O BLOQUE SOLICITARA, SEN ÉXITO, CONVERTER EN ZONA 30 TODA A CONTORNA DO PARQUE LUÍS SEOANE

O atropelo dun cativo no paso peonil da praza de Esther Pita evidencia os graves problemas de seguridade viaria que padece o centro de Santa Cruz

Fonte: Concello de Oleiros
Fonte: Concello de Oleiros

Un neno resultou atropelado este domingo ao mediodía no paso peonil situado entre a praza de Esther Pita e o parque Luís Seoane, no centro da vila de Santa Cruz. Aínda que por sorte todo quedou nun susto, o acontecido pon en evidencia o serio problema de mobilidade que vive, moi agravado polas distintas obras que se están a levar a cabo nos últimos tempos, o centro desta localidade costeira, unha das máis poboadas de Oleiros.

Ao longo do mandato próximo a finalizar o BNG foi alertando en diferentes ocasións de problemas de saturación de tráfico e de insuficiente seguridade viaria tanto na avenida Concepción Arenal como na rúa das Viñas da Babilonia, ambas as dúas correspondentes ao tramo da AC-173, que atravesa de principio a fin Santa Cruz.

En concreto, o Bloque ten solicitado medidas de reforzo da visibilidade dos pasos de peóns situados en puntos como a intersección de Concepción Arenal coas rúas da Arandeira e Eduardo Pondal, que moitos vehículos non respectan, sobre todo cando veñen en sentido baixada a máis velocidade da permitida, no situado entre a praza de Esther Pita e o parque -moi usado por nenas e nenos ao longo de todo o ano, especialmente polas tardes -ou nos situados na rúa das Viñas da Babilonia.

Xa no anterior mandato municipal, entre 2011 e o 2014, o BNG propuxera no pleno municipal, sen éxito, delimitar toda a contorna do parque de Luís Seoane como Zona 30. O goberno local alegara naquel momento que a medida non era “necesaria”.

A localidade de Santa Cruz está atravesada, de principio a fin, por unha estrada, a AC-173, que segundo os datos de mobilidade dispoñíbeis, presenta unha das maiores densidades circulatorias en toda Galiza.