FRAN REI APROVEITOU O PLENO MUNICIPAL DESTE PASADO MÉRCORES PARA DAR A COÑECER AO GOBERNO MUNICIPAL A EXISTENCIA DESTES ENTULLOS

O BNG de Oleiros denuncia vertidos de restos de obras particulares en diferentes puntos do Monumento Natural da Costa de Dexo – Serantes

IMG-20190724-WA0022

Hai uns meses foi na contorna do Bosque dos Veciños e do Parque Metropolitano de Liáns ou tamén na fraga do Bañil, nas proximidades de Santa Cruz. Desta volta o BNG de Oleiros denuncia a presenza de vertedoiros incontrolados de restos de obras, pezas metálicas, plásticos e outros residuos en pleno corazón do Monumento Natural da Costa de Dexo – Serantes, un espazo natural protexido que fai parte da Rede Natura 2000.

Veciñanza de Dexo e paseantes habituais dos camiños do Monumento alertaron nos últimos días ao BNG da presenza destes vertidos. Este pasado mércores ao mediodía o Bloque puido comprobar, nunha visita á zona, presenza de entullos, plásticos, restos metálicos e outros residuos en puntos das rúas de Castromén e das Pedregueiras, na parroquia de Dexo (apéganse fotografías). Sen dúbida, o punto de vertido máis insultante é o situado no acceso ao Castro da Punta Torrella, situado mesmo ao carón dun panel informativo que explica os importantes valores naturais e patrimoniais da contorna.

O portavoz municipal do BNG, Fran Rei, aproveitou a celebración do pleno deste pasado mércores para preguntar ao goberno local se tiña coñecemento da presenza destes vertedoiros incontrolados e facilitou, no mesmo pleno, imaxes dos que se comprobaron esa mesma mañá.

Rei instou ao goberno municipal a actuar coa máxima contundencia legal contra as persoas ou empresas infractoras que “pensan que o monte debe ser un gran punto limpo posto á disposición do egoísmo e da insensibilidade duns poucos” e recordou que a aparición de vertidos ilegais de restos de obras ou vehículos en zonas de monte de Oleiros é recorrente.

O BNG tamén aproveitou o pleno do mércores pasado para instar ao goberno municipal a tomar medidas contra a constante irrupción de vehículos a motor, tales como motos ou quads, dentro do Monumento Natural, a pesar da sinalización existente que prohibe o seu acceso. En ocasións, alertou Fran Rei, estes vehículos “chegan mesmo ao borde das furnas e cantís” en zonas como o Faro de Mera ou o Seixo Branco, “moitas veces co único obxectivo de facer vídeos ou fotos”.

Diante de feitos como estes o BNG considera fundamental afondar nas medidas de control e vixilancia do Monumento, mais tamén en iniciativas de educación ambiental non só dirixidas á poboación escolar, senón ao conxunto da sociedade. 

O BNG de Oleiros denuncia vertidos de restos de obras particulares en diferentes puntos do Monumento Natural da Costa de Dexo – Serantes