O BNG de Oleiros propón aproveitar a renovación da sinalización das fontes para eliminar de vez a simboloxía fascista que persiste na fonte pública do Río da Loba

Por sorte, en Oleiros a presenza de símboloxía fascista ou nomes asociados á ditadura franquista está erradicada dos espazos públicos en moita maior medida que noutros municipios galegos desde hai anos. Non obstante, chama a atención, precisamente pola súa excepcionalidade, a persistencia do emblema falanxista do xugo e as frechas na fonte pública coñecida como do Rabuñeiro, situada na zona do Río da Loba, en Oleiros.

O BNG de Oleiros propón aproveitar a renovación da sinalización das fontes para eliminar de vez a simboloxía fascista que persiste na fonte pública do Río da Loba

Por sorte, en Oleiros a presenza de símboloxía fascista ou nomes asociados á ditadura franquista está erradicada dos espazos públicos en moita maior medida que noutros municipios galegos desde hai anos.

Non obstante, chama a atención, precisamente pola súa excepcionalidade, a persistencia do emblema falanxista do xugo e as frechas na fonte pública coñecida como do Rabuñeiro, situada na zona do Río da Loba, en Oleiros. A pesar do seu bo estado de conservación e de contar cun letreiro que xa data da actual etapa democrática, o símbolo do partido único da ditadura franquista nunca deixou de presidir esta fonte, orixinaria de 1954.

O BNG de Oleiros propón aproveitar o plan de renovación da sinalización das fontes naturais do municipio que vén de ser anunciada polo goberno municipal nas últimas horas para que se proceda a eliminar de vez este vestixio fascista da fonte, visíbel para quen atravesa a estrada AC-181 (Avenida da República do Uruguai).

O Concello de Oleiros elaborou na primavera de 1987 unha magnífica publicación, As fontes e ríos de lavar no Concello, que recolle todos os elementos existentes nas nove parroquias do noso municipio a aquela altura. Unha nova ollada a ese inventario permite ver como algunhas fontes e lavadoiros hoxe gozan dunha boa restauración, mais tamén como outros continúan na máis absoluta precariedade e abandono.