O BLOQUE TAMÉN SOLICITOU NO PLENO MUNICIPAL DO MES PASADO O REFORZO DA SINALIZACIÓN DOS PASOS DE PEÓNS EN SANTA CRUZ MENTRES DUREN AS OBRAS NA LOCALIDADE

O BNG de Oleiros solicita medidas que melloren a seguridade viaria na zona de Franzomel, en Liáns

IMG_20180510_124703_600

O BNG de Oleiros aproveitou a súa quenda de rogos no últimpo pleno municipal, celebrado o pasado 26 de abril, para alertar do “punto negro” para a seguridade viaria que supón a intersección das rúas Franzomel, da Xenza e Xardín de Gómez, na parroquia de Liáns, e demandar algún tipo de medida de mellora da visibilidade neste cruzamento.

A pesar de non ser unha das zonas máis poboadas da parroquia de Liáns, Fran Rei explicou no pleno que o cruzamento das rúas antes sinaladas é o camiño natural polo que as persoas residentes en toda a zona do Bañil ou a urbanización de Xardín de Gómez saen á Avenida Emilia Pardo Bazán (estrada provincial DP-5812), que por súa vez conecta tanto coa localidade de Santa Cruz como con toda a parroquia veciña de Dorneda.

O problema, trasladado polo Bloque ao pleno a pedimento de veciñas e veciños da zona, é que a intersección pola que os vehículos acceden á estrada principal (Emilia Pardo Bazán) é moi estreita e, ademais, está situada en curva, o que crea ángulos mortos e empeora a visibilidade. Así, un vehículo que baixa da zona do Bañil pola Rúa Xardín de Gómez dificilmente ve o que xa se incorporou en dirección á Xenza desde a Rúa Franzomel.

Outro problema que engade perigosidade para a circulación na zona, especialmente para quen non a coñece, é a estreitez da Rúa de Franzomel, tanto para quen accede desde Avenida de Emilia Pardo Bazán como para quen quere acceder a esta desde O Bañil ou a urbanización de Xardín de Gómez, e o feito de ser de dobre sentido. O BNG suxire colocar a cada extremo da rúa un sinal de advertencia de estreitamento da vía e de prioridade para un dos sentidos de circulación, ao xeito do que xa hai, por exemplo, baixando da Rúa do Bañil para Xardín de Gómez en paralelo ao río.

Por outra parte, o BNG tamén aproveitou o pleno para solicitar do goberno local de Oleiros medidas de reforzo da visibilidade dos pasos peonís na Avenida Concepción Arenal de Santa Cruz mentres duren as obras que vive nas últimas semanas o centro da localidade.

Fran Rei alertou de que, debido ás obras e ás retencións puntuais que provocan, algúns vehículos non están a respectar as zonas de paso peonil, provocando situacións perigosas para o tránsito a pé. O portavoz municipal nacionalista sinalou como máis necesitados de medidas de reforzo, por exemplo lumínico, os pasos situados na confluencia coa Rúa da Arandeira, coa Rúa da Néveda ou o novo paso habilitado antes da futura rotonda.

O BNG de Oleiros solicita medidas que melloren a seguridade viaria na zona de Franzomel, en Liáns