VARIOS DOS ELEMENTOS DA CUBERTA DESPRENDÉRONSE A RAÍZ DE SUCESIVOS TEMPORAIS E O CONXUNTO DA INFRAESTRUTURA PRESENTA UN VISÍBEL DETERIORO

O BNG de Oleiros urxe a reparación da pérgola do Parque José Couso de Perillo

pérgola parque josé couso de Perillo

Sucesivos temporais foron danando de maneira visíbel a cuberta da pérgola do Parque José Couso de Perillo, o espazo público situado no alto de Perillo xunto á urbanización da Rúa dos Cubelos e o IES Xosé Neira Vilas inaugurado en setembro de 2015 que constitúe, todo el, un espectacular miradoiro panorámico sobre o areal de Santa Cristina e a baía da Coruña.

Diferentes láminas do teito da pérgola, até un total de sete, xa desapareceron e o resto presentan un visíbel deterioro que, por unha parte, afea notabelmente a contorna e, por outra, crea unha evidente sensación de inseguridade na veciñanza da zona e nas persoas usuarias do parque, que conta cunha zona de xogos infantís e está moi próximo a un centro educativo.

O BNG preguntará no vindeiro pleno polas previsións do goberno local para a reparación ou substitución desta infraestrutura. O pasado mes de febreiro o executivo de Ángel García Seoane indicaba que “estudaba” a cuestión, sen que pasados máis de dous meses se executasen aínda os tan necesarios amaños para garantir a seguridade.

O BNG de Oleiros urxe a reparación da pérgola do Parque José Couso de Perillo