REPRESENTACIÓNS DE AMBOS COLECTIVOS ESTIVERON PRESENTES DURANTE A SESIÓN PLENARIA QUE SE CELEBROU ONTE A PARTIR DAS 20 HORAS NA CASA CHARRY

O BNG conseguiu onte o apoio do pleno municipal de Oleiros ás demandas laborais do persoal das auxiliares de R e das enfermeiras eventuais do SERGAS

O BNG de Oleiros solicitou onte á corporación municipal, a través de dúas mocións, o seu apoio ás reivindicacións laborais do persoal das empresas auxiliares de R e das enfermeiras eventuais do Servizo Galego de Saúde.
O BNG conseguiu onte o apoio do pleno municipal de Oleiros ás demandas laborais do persoal das auxiliares de R e das enfermeiras eventuais do SERGAS

O BNG de Oleiros solicitou onte á corporación municipal, a través de dúas mocións, o seu apoio ás reivindicacións laborais do persoal das empresas auxiliares de R e das enfermeiras eventuais do Servizo Galego de Saúde. Representantes de ambos colectivos laborais en loita estiveron presentes no pleno.

 

Ambos colectivos laborais levan varios meses mantendo un intenso calendario de mobilizacións na rúa en defensa dos seus postos de traballo: no caso das auxiliares de R, contra os plans de deslocalización de servizos e xestións fóra de Galiza e a conseguinte destrución de postos de traballo; no caso das enfermeiras eventuais, loitando polo fin da estrutural situación de extrema precariedade e temporalidade que padecen e o dereito a unha carreira profesional estábel, piar fundamental para unha sanidade pública de calidade.

 

O BNG solicitou que o Concello de Oleiros amosase o seu apoio ás demandas de mantemento de emprego que o persoal das empresas auxiliares de R está a reivindicar semanalmente nas rúas da Coruña desde hai xa máis de dous meses, ao igual que xa fixo o Concello coruñés ou o pleno da Deputación. O Bloque lembrou que entre os traballadores das auxiliares da operadora de telecomunicacións “tamén hai veciños de Oleiros” que están a ver en perigo os seus empregos.

 

Tamén hai veciñas de Oleiros no colectivo de enfermeiras eventuais, que nos últimos meses multiplicou as súas mobilizacións, chegando mesmo a chamar ás portas do Parlamento europeo para denunciar a súa situación.

 

Mentres a moción de apoio ao persoal das auxiliares de R recibiu o apoio unánime da corporación, non puido ser así no caso da que presentamos en apoio ás enfermeiras eventuais. Neste caso, o PP de Oleiros, lamentabelmente, preferiu facer de altofalante e prolongación dos seus amos da Xunta de Galicia.

O BNG conseguiu onte o apoio do pleno municipal de Oleiros ás demandas laborais do persoal das auxiliares de R e das enfermeiras eventuais do SERGAS