Conmemoración do Día da Galiza Mártir na parroquia de Nós

A parroquia de Nós acollerá este vindeiro domingo 18 de agosto ás 20 horas, con motivo da conmemoración do Día da Galiza Mártir, un acto de homenaxe ás mulleres e aos homes que deron a súa vida pola liberdade e a democracia ou que, conservándoa, padeceron na súa pel o terror e a represión impostos polo fascismo logo do golpe de estado de xullo de 1936.

O acto, que terá lugar no espazo da Praza da Liberdade, contará con distintas intervencións e actuacións musicais.