HOXE MÉRCORES 8 DE MAIO O BNG  PRESENTOU EN SANTA CRUZ O SEU PROGRAMA PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO.

O BNG presentou esta mañá un programa electoral de “ideas claras” para que Oleiros funcione “ aínda mellor”.

Hoxe, mércores 8 de maio, o BNG  presentou en Santa Cruz o seu programa para as eleccións municipais do 26 de maio. No acto explicouse o proceso de elaboración do programa que arrincou hai meses coa celebración de asembleas abertas en todas as parroquias e a apertura dunha páxina web nas que a veciñanza pode realizar as súas  propostas.

Podes ver o programa completo pulsando aquí 

Hoxe, mércores 8 de maio, o BNG  presentou en Santa Cruz o seu programa para as eleccións municipais do 26 de maio. Na mesa estiveron presentes Fran Rei, candidato á alcaldía, e os membros da candidatura, Iria Taibo e Uxío Pedreira. Explicouse o proceso de elaboración do programa que arrincou hai meses coa celebración de asembleas abertas en todas as parroquias e a apertura dunha páxina web nas que a veciñanza pode realizar as súas propostas. Comentáronse de seguido os principais puntos nas diferentes áreas:

 

MEDIO AMBIENTE

  • Necesidade de frear un modelo urbanístico extensivo que provoca a destrución do bosque autóctono. 
  • Ampliación da extensión dos espazos naturais protexidos do concello (Monumento Natural) ao borde costeiro de Breixo (Dorneda) e aos bosques de Maianca (ecosistema do río Xentiña).
  • Declaración do borde costeiro de Santa Cruz, da lagoa de Mera, da faixa costeira de Bastiagueiro Pequeno e da praia de Naval como ENIL (espazos naturais de interese local).

BENESTAR ANIMAL

  • Traballaremos pola xestión das colonias felinas, na medida do posíbel, en colaboración coas asociacións do sector que traballan na nosa comarca.
  • Promoveremos campañas periódicas de adopción responsábel de animais e a creación de áreas caninas en zonas previamente consensuadas.

MOBILIDADE E ACCESIBILIDADE

  • Daremos prioridade á mobilidade peonil sobre as demais, atendendo especialmente aos pavimentos, iluminación, etc. e apostando por humanizar determinadas áreas especialmente saturadas como a avenida das Mariñas, Montrove, Perillo ou Nós.

VIVENDA

  • Arbitraremos medidas de apoio ás persoas desafiuzadas ou en proceso de desafiuzamento. 
  • Reservaremos vivendas para situacións de emerxencia social.
  • O BNG implantará desde o Concello un plan de rehabilitación de vivenda, coordinado por unha oficina municipal específica.

MULLER

  • Avaliar o Plan de Igualdade aprobado en 2012 e elaborar un novo. Dese xeito, teremos unha ferramenta, aprobada no pleno, que esixa o cumprimento dos obxectivos e accións previamente estabelecidas.

MOCIDADE

  • Seguiremos a impulsar, reforzando e ampliando canto posíbel, as vías de participación da mocidade nas actividades e políticas dirixidas a ela, facendo do proxecto Xeración A Fábrica ou do recentemente creado Consello da Mocidade un verdadeiro órgano de empoderamento, participación e debate sobre todos os temas, máis alá do lecer.

TRANSPARENCIA, PARTICIPACIÓN E CALIDADE DEMOCRÁTICA

  • Traballaremos nunha redefinición dos medios de comunicación municipais (Radio Oleiros e Vivir en Oleiros) en termos de respecto á pluralidade, rigor na información, participación veciñal no deseño e na xestión dos contidos e aproveitamento como canles de comunicación veciñais nun sentido bidireccional. Ademais, tamén demandamos a transparencia a respecto do uso do diñeiro público empregado nos medios de comunicación privados.