O BLOQUE CONSIDERA QUE A DESFEITA PERPETRADA DURANTE O MES PASADO POR MADEIRISTAS SEN LICENZA EN MONTES E CAMIÑOS DE DEXO EVIDENCIA A FALTA DE PROTECCIÓN REAL DO ESPAZO E LEVARÁ O CASO A EUROPA A TRAVÉS DA EURODEPUTADA ANA MIRANDA

O BNG de Oleiros propón un plan de xestión para o Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes e demanda unha implicación “moito máis activa” da Xunta de Galiza

Fonte: Wikipedia
Fonte: Wikipedia

O BNG, que comparte plenamente co goberno municipal a preocupación e indignación a raíz do acontecido, solicita consultar o expediente para saber con exactitude desde cando se tivo noticia do que estaba a acontecer nos montes de Dexo e tamén que actuacións concretas se teñen desenvolvido até a data de hoxe, en concreto que empresas foron identificadas como autoras das infraccións e se xa está en marcha algún procedemento sancionador contra elas, así como se foi presentada por parte do Concello, ou está previsto facelo, algún tipo de denuncia ambiental perante os organismos públicos correspondentes.

O BNG de Oleiros propón un plan de xestión para o Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes e demanda unha implicación “moito máis activa” da Xunta de Galiza

Tal e como xa adiantara no pleno do pasado 31 de xaneiro, o portavoz municipal do BNG de Oleiros, Fran Rei, presentou no Rexistro unha solicitude para poder consultar o expediente que detalle as actuacións desenvolvidas polo goberno municipal a raíz de este mesmo ter denunciado publicamente distintas talas presuntamente ilegais e a desfeita de varios camiños públicos en montes da parroquia de Dexo comprendidos no espazo do Monumento Natural.

O BNG, que comparte plenamente co goberno municipal a preocupación e indignación a raíz do acontecido, solicita consultar o expediente para saber con exactitude desde cando se tivo noticia do que estaba a acontecer nos montes de Dexo e tamén que actuacións concretas se teñen desenvolvido até a data de hoxe, en concreto que empresas foron identificadas como autoras das infraccións e se xa está en marcha algún procedemento sancionador contra elas, así como se foi presentada por parte do Concello, ou está previsto facelo, algún tipo de denuncia ambiental perante os organismos públicos correspondentes.

Para o Bloque, o acontecido en Dexo o mes pasado evidencia, unha vez máis, a urxente necesidade de dotar o Monumento Natural da Costa de Dexo – Serantes dunha protección ambiental real que vaia máis alá “de letreiros, uns eslogans ou un nome nun papel”.

O BNG propón, por iso, dotar este espazo dun plan de xestión, cuxo deseño e dinamización sexa participado pola Xunta de Galiza, administración con competencias no eido da protección ambiental, o Concello, a veciñanza que vive ou ten propiedades dentro do Monumento e as entidades ecoloxistas e conservacionistas, ben coñecedoras da realidade, ameazas e necesidades do espazo.

Este plan, que para que teña éxito debe ir acompañado dos correspondentes medios técnicos e de suficiente dotación orzamentaria, debería definir con precisión, polo menos, os usos posíbeis dentro do Monumento, así como aquelas actividades humanas que sexan incompatíbeis coa conservación dos valores ambientais e patrimoniais do espazo natural.

Ao se tratar a Costa de Dexo – Serantes dun espazo pertencente á Rede Natural 2000, o BNG de Oleiros elevará á Unión Europea, a través da eurodeputada Ana Miranda, un relatorio sobre a última agresión padecida polo territorio do Monumento Natural, así como sobre outros impactos e ameazas que sofre o espazo.