Imprimir

O BNG de Oleiros denuncia un novo vertido á lagoa de Mera e exixe unha urxente actuación sobre o bombeo próximo

bngoleiros | 25 de setembro de 2019

vertidos lagoa de Mera 2 setembro 2019
vertidos lagoa de Mera 2 setembro 2019
A lagoa de Mera, un ecosistema pendente de ser declarado como espazo natural de interese local (ENIL) desde hai varios anos, zona de descanso de aves e de innegábel valor paisaxístico e ambiental, vén sufrindo nos últimos días un posíbel vertido de residuais procedentes da estación de bombeo próxima, segundo teñen detectado veciñas e veciños das vivendas próximas.

A lagoa de Mera, un ecosistema pendente de ser declarado como espazo natural de interese local (ENIL) desde hai varios anos, zona de descanso de aves e de innegábel valor paisaxístico e ambiental, vén sufrindo nos últimos días un posíbel vertido de residuais procedentes da estación de bombeo próxima, segundo teñen detectado veciñas e veciños das vivendas próximas.

Esta posíbel fuga de augas residuais garda moitas similitudes coa que tivo lugar o pasado mes de febreiro ao longo de varios días e, como aquela, parece ter o seu punto de orixe no bombeo próximo á lagoa.

Para o BNG, o simple feito de que se repita a situación en poucos meses é motivo “máis que suficiente” para que os servizos municipais e a empresa concesionaria do mantemente da rede, Cadauga, procedan de inmediato a verificar a natureza do vertido e o estado do bombeo. “Se se confirma que hai vertido e que a orixe é o bombeo, é evidente que a reparación de febreiro non se fixo ben e que haberá que pedirlle seriamente responsabilidades á empresa”, afirmou o portavoz municipal nacionalista, Fran Rei. Para o concelleiro “talvez tamén sexa bo momento para nos preguntarmos se un punto de tratamento de augas residuais debe estar situado tan próximo a un espazo tan ambientalmente sensíbel como a lagoa”.

O Bloque de Oleiros está preocupado pola actual situación do conxunto da lagoa de Mera do punto de vista do seu grao de protección ambiental. Hai xa varios anos que o goberno municipal anunciou, a través dos seus medios informativos, que tanto a lagoa como a baía de Santa Cruz serían declarados espazos naturais de interese local (ENIL). Porén, nada se sabe da tramitación de ditas declaracións, polas que o BNG xa preguntara ao goberno municipal no pasado mandato sen obter unha resposta clara.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outras-novas/bng-oleiros-denuncia-novo-vertido-lagoa-mera-exixe-urxente-actuacion-bombeo-proximo/20190925144305000980.html


© 2020 BNG de Oleiros

Bloque Nacionalista Galego

Lar Espazo Aberto. 
Rúa Dolores Ibárruri nº6, baixo. 
Santa Cruz de Liáns
15179 Oleiros (GALIZA)
Teléfono: 981555850 (sede nacional - Santiago de Compostela)
Correo: bng.oleiros@gmail.com
Facebook: https://es-es.facebook.com/bng.oleiros
Twitter: https://twitter.com/BNGOleiros