O BNG sitúa no cruce do Sol y Mar, en Perillo, o 'quilómetro cero' da súa campaña electoral

IMG-20190510-WA0006

Querendo emular cunha "versión de andar por casa" a célebre foto dos Beatles en Abbey Road, escollemos a avenida das Mariñas para comezar a campaña electoral por ser o epicentro os serios problemas de mobilidade que padece Oleiros e toda a área metropolitana.

O BNG sitúa no cruce do Sol y Mar, en Perillo, o 'quilómetro cero' da súa campaña electoral

Querendo emular cunha "versión de andar por casa" a célebre foto dos Beatles en Abbey Road, escollemos a avenida das Mariñas para comezar a campaña electoral por ser o epicentro os serios problemas de mobilidade que padece Oleiros e toda a área metropolitana, mais tamén por ser un espazo con gran potencial para ser transformado: frente á saturación, os excesos de velocidade, as retencións ou accidentes, rúas humanizadas e deseños que primen a conectividade para vertebrar mellor o territorio, dinamizar a economía local e recuperar os hábitos de vida social e comunitaria. Primando a mobilidade a pé, en bici ou en transporte público, que nesta zona debe ser "urxentemente mellorado". 

Vemos preciso, por exemplo, que haxa unha liña metropolitana que teña a avenida das Mariñas, de principio a fin, como eixo vertebrador: comezando en Iñás e encontrándose na Pasaxe, onde o desexábel sería un grande intercambiador que incluíse, ademais dos buses, un tren de proximidade. As frecuencias desta liña metropolitana e transporte deberían ser, como mínimo, as mesmas que ten a que parte do Seixal para atravesar A Tapia, O Burgo ou Fonteculler, cada 15 minutos.  

O candidato nacionalista á alcaldía, Fran Rei, quere pensar Sol y Mar, e toda a avenida das Mariñas, "mirando máis alá" do proxecto de soterramento do tráfico que tantos retrasos acumula por parte do Ministerio de Fomento. 

O BNG ve preciso "pensar" esta vía como unha avenida "claramente urbana", ademais de como un dos máis importantes centros de traballo que ten Oleiros, o que xera cada día un moi importante movemento humano. Polas súas características, é unha vía que o normal é que no futuro acabe sendo de competencia municipal, o mesmo que xa ten acontecido con tramos urbanos de vías de titularidade estatal noutros lugares. "Iso si, sempre e cando Fomento asuma antes todos e cada un dos seus compromisos", remarcou Rei.

O BNG sitúa no cruce do Sol y Mar, en Perillo, o 'quilómetro cero' da súa campaña electoral