Imprimir

Homenaxe a Nacho Taibo no IES Neira Vilas

bngoleiros | 23 de Maio de 2018

(Fonte: Axenda Cultural AELG)
(Fonte: Axenda Cultural AELG)

O noso veciño e compañeiro do BNG Nacho Taibo será galardoado este vindeiro mes de xuño pola Asociación Escritoras-es Lingua Galega - AELG coa distinción de "escritor na súa terra". O IES Xosé Neira Vilas de Perillo, no que desenvolveu durante anos o seu labor docente, adiántase a esta celebración e organiza mañá xoves e pasado, venres, unha homenaxe.

Como xa adiantamos hai algún tempo, o noso veciño e compañeiro do BNG Nacho Taibo será galardoado este vindeiro mes de xuño pola Asociación Escritoras-es Lingua Galega - AELG coa distinción de "escritor na súa terra". O IES Xosé Neira Vilas de Perillo, no que desenvolveu durante anos o seu labor docente, adiántase a esta celebración e organiza mañá xoves e pasado, venres, unha homenaxe ao autor, ao profesor e ao compañeiro. Eis a programación, por se vos queredes achegar:

Xoves 24 de maio

  • 11:20 a 12:10. Mesa "Nacho Taibo, a historia que agroma nos relatos". Interveñen Agustín Fernández Gago (director do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), Cesáreo Sánchez (presidente da AELG), Xosé Manuel Martínez Oca e María Dans. Asistirá o alumnado de 4º e 1º de Bacharelato.
  • 12:30 a 13:20. Mesa "De narrador a narrador: Xián Alcayde Dans entrevista a Nacho Taibo". Asistirá o alumnado de 1º ESO.

Venres 25 de maio

  • 10:30 a 11:20. Mesa "Encontro de Nacho Taibo cos lectores de As boas familias". Asistirá o alumnado de 3º ESO.
  • 11:20 a 12:10. Mesa "Encontro do profesor cos compañeiros". Interveñen Agustín Fernández Gago (director do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), Pepe Couce, Ana Crego, Eduardo Álvarez e Xosé Manuel Fraguela. Asistirá o alumnado de 2º ESO.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outras-novas/homenaxe-nacho-taibo-ies-neira-vilas/20180523225726000888.html


© 2018 BNG de Oleiros

Bloque Nacionalista Galego

Lar Espazo Aberto. 
Rúa Dolores Ibárruri nº6, baixo. 
Santa Cruz de Liáns
15179 Oleiros (GALIZA)
Teléfono: +34679721687 (Fran Rei, portavoz municipal)
Correo: bng.oleiros@gmail.com
Facebook: https://es-es.facebook.com/bng.oleiros
Twitter: https://twitter.com/BNGOleiros