A FÁBRICA, EN SANTA CRISTINA, ACOLLE UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA E UNHA MESA REDONDA. A TARDE DO SÁBADO, FESTIVAL PARA TODOS OS PÚBLICOS EN SANTA CRUZ.

"O mar de todas, o mar de Gaza": Oleiros acolle esta fin de semana unha xornada de solidariedade con Palestina

xornada_solidariedade_palestina

Oleiros acolle durante toda esta fin de semana unha xornada de solidariedade con Palestina centrada, nesta ocasión, en visibilizar o acoso a que está sometida polo exército de ocupación israelí a poboación de Gaza que trata de sobrevivir economicamente grazas á pesca en augas gazatís.

"O mar de todas, o mar de Gaza" é unha iniciativa conxunta de Pallasos en Rebeldía, BDS Galiza, Rumbo a Gaza e o Concello de Oleiros, de sempre comprometido no apoio á loita de Palestina pola creación dun estado propio e contra a ocupación israelí.

A xornada solidaria, na que o BNG de Oleiros anima a participar ao conxunto da veciñanza, comeza xa hoxe venres ás 19.30 coa inauguración da mostra fotográfica de Sandra Barrilaro: "Palestina, unha ollada á inxustiza", que se poderá visitar durante os vindeiros días no vestíbulo da Fábrica, en Santa Cristina. Tamén aquí terá lugar, a partir das 20 horas de hoxe venres, a mesa redonda "Xuntas, rompamos o bloqueo", coa participación de Elvira Souto (BDS Galiza), Zohar Chamberlain (Rumbo a Gaza), Manuel Roxo (Pallasos en Rebeldía) e Ángel García Seoane (alcalde de Oleiros).

Este sábado, 28 de outubro, a xornada de solidariedade con Palestina trasladarase a Santa Cruz a partir das 16 horas. Dará comezo cunha ruada polas rúas da vila a cargo do Grupo de Gaitas de Santaia e, a partir das 17 horas, cunha gala para todos os públicos na Praza de Esther Pita presentada pola actriz Isabel Risco na que haberá as seguintes actuacións:  

  • Isla Letriska (circo-clown)
  • Brais Morán (música de autor) 
  • Xosé Iglesias Lamela (poeta e mariñeiro)
  • Lois Pérez (contador) 
  • Sue Moreno (acróbata)
  • Chuches Amil (música infantil) 
  • Big Band da Escola Municipal de Música de Oleiros

Tod@s somos Gaza! Palestina vencerá!

"O mar de todas, o mar de Gaza": Oleiros acolle esta fin de semana unha xornada de solidariedade con Palestina