Néstor Rego interésase pola situación de Lorena Peralta, a veciña de Dorneda atrapada en Ecuador co seu pequeno

Néstor_Rego_Candamil,_XV_Asemblea_Nacional_Bloque_Nacionalista_Galego_21
Fonte: Wikipedia

O BNG no Congreso vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria pola que se insta o Goberno a arbitrar todas as medidas necesarias para asegurar a repatriación de todas as persoas que agardan para voltar en distintos países. 

Néstor Rego interésase pola situación de Lorena Peralta, a veciña de Dorneda atrapada en Ecuador co seu pequeno

O BNG vén de rexistrar unha iniciativa no Congreso dos Deputados a través do seu deputado nesta cámara, Néstor Rego, pola que insta o goberno do Estado a que articule todas as medidas necesarias que permitan a repatriación das e dos cidadáns de Galiza que permanecen en diferentes países sen poder voltar á súa casa a raíz da pandemia da COVID 19 e as restricións aos desprazamentos derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Un dos casos concretos polos que o deputado nacionalista no Congreso pregunta ao executivo de Pedro Sánchez é o de Lorena Peralta, veciña da parroquia oleirense de Dorneda, atrapada en Ecuador co seu pequeno de aínda non 2 anos de idade desde o pasado 1 de abril. O acuciante caso desta veciña e do seu fillo foi dado a coñecer polo Concello de Oleiros a semana pasada. Ao ter coñecemento del, o BNG ofreceu de inmediato ao goberno municipal a súa colaboración para, a través de Néstor Rego, interesarse polo caso desta cidadá perante o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación no sentido de axilizar canto posíbel a súa inmediata repatriación. Até o momento nin o Consulado de Ecuador en Vigo nin as diferentes legacións diplomáticas foron quen de dar unha solución satisfactoria.

Néstor Rego interésase pola situación de Lorena Peralta, a veciña de Dorneda atrapada en Ecuador co seu pequeno