Imprimir

A proposta do BNG, Oleiros declara como persoas non gratas os compoñentes de La Manada

bngoleiros | 28 de Xuño de 2018

Fonte: Wikipedia
Fonte: Wikipedia

O BNG de Oleiros presentou pola vía de urxencia ao pleno municipal da corporación que se celebrou na tarde de hoxe, un texto polo que propón declarar persoas non gratas no municipio os cinco compoñentes de La Manada, os cinco agresores sexuais dunha moza, á que violaron en grupo, durante os Sanfermíns de 2016 que, tras depósito de fianza, quedaron en liberdade o pasado 21 de xuño por decisión da Audiencia Provincial de Iruña.

O BNG de Oleiros presentou pola vía de urxencia ao pleno municipal da corporación que se celebrou na tarde de hoxe, un texto polo que propón declarar persoas non gratas no municipio os cinco compoñentes de La Manada, os cinco agresores sexuais dunha moza, á que violaron en grupo, durante os Sanfermíns de 2016 que, tras depósito de fianza, quedaron en liberdade o pasado 21 de xuño por decisión da Audiencia Provincial de Iruña.

O BNG trasladou esta proposta aos outros grupos da corporación municipal para que, ao igual que en concellos como Pontevedra ou Lugo, puidese ser aprobada como declaración institucional, para que o se precisa unanimidade. O Concello de Pontevedra, do que partiu a iniciativa, xa remitiu unha carta á FEGAMP para que todos os concellos galegos declaren persoas non gratas nos seus municipios a José Ángel Prenda Martínez, Jesús Escudero Domínguez, Alfonso Jesús Cabezuelo Entrena, Ángel Bozo Florido e Antonio Manuel Guerrero Escudero.

Para o portavoz municipal nacionalista, Fran Rei: “é hora de dar un paso máis e de que os concellos, como expresión da vontade popular, tomen iniciativas deste tipo para arroupar a vítima - a todas as vítimas - e para secundar a lóxica indignación social que tanto a sentenza como, agora, a posta en liberdade dos agresoses ten ocasionado”.

Outras mocións

O BNG tamén trasladou ao pleno municipal de hoxe unha moción de apoio ás 19 persoas que veñen de ser denunciadas pola acción reivindicativa simbólica e pacífica desenvolvida o 30 de agosto de 2017 no Pazo de Meirás en favor da súa devolución.

As 19 persoas activistas da defensa do patrimonio, a cultura ou a memoria histórica foron denunciadas pola familia Franco e pola fundación que leva o nome do ditador e terán que comezar a comparecer a partir do mes de setembro nos xulgados de Betanzos. Acúsanas de delitos que comportan penas que irían dos 3 anos e 6 meses aos 13 anos de prisión e sancións económicas que, en conxunto, suporían un medio millón de euros.

O BNG de Oleiros tamén levou ao pleno de hoxe unha moción de apoio ás reivindicacións dos colectivos de lesbianas, gais, bi, inter e transexuais coincidindo coa conmemoración, en todo o planeta, do Día do Orgullo LGTBI.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/propostas/proposta-do-bng-oleiros-declara-persoas-non-gratas-componentes-manada/20180628192258000899.html


© 2018 BNG de Oleiros

Bloque Nacionalista Galego

Lar Espazo Aberto. 
Rúa Dolores Ibárruri nº6, baixo. 
Santa Cruz de Liáns
15179 Oleiros (GALIZA)
Teléfono: +34679721687 (Fran Rei, portavoz municipal)
Correo: bng.oleiros@gmail.com
Facebook: https://es-es.facebook.com/bng.oleiros
Twitter: https://twitter.com/BNGOleiros