candidatura
Campañas
bng_candidatura_municipais_2019

Fran Rei anuncia a súa disposición a repetir como candidato do BNG en Oleiros convidando a caroleiro, café e tortilla

Este venres Fran Rei presentou publicamente cun “petisco” informal no Restaurante El 13 de Santa Cruz o primeiro tramo da candidatura do BNG que, de novo, encabezará para as eleccións municipais do 26 de maio. Só el repite con respecto ao mesmo tramo da listaxe de hai catro anos. Das cinco primeiras persoas que conforman esta primeira parte da candidatura, tres incorporáronse ao BNG ao longo deste mandato.

Ler novas
Campañas
presentación candidatura acto casa charry

O BNG de Oleiros inicia un proceso aberto para deseñar as bases do seu programa para as municipais

Tal e como xa anunciara á veciñanza hai uns meses a través do pequeno espazo asignado na revista municipal  Vivir en Oleiros, o BNG iniciará nas próximas semanas un proceso asembleario, participativo e absolutamente aberto a toda a veciñanza, que levará a formación nacionalista ás nove parroquias do municipio e do que resultarán as liñas xerais, e tamén moitas das propostas concretas, do programa electoral nacionalista para as eleccións locais de maio de 2019.

Ler novas