pleno-municipal
Novas
1. Iván

O BNG optou por non levar ao pleno ningún asunto non urxente

O BNG de Oleiros fixo ver no pleno a súa postura en relación cos anuncios e temas non urxentes a uns días das eleccións, anunciando que non presentaría ningunha proposta «por respecto á veciñanza». Dado que o derradeiro pleno tivo lugar a tan só 3 días dunhas eleccións, no BNG de Oleiros consideramos ilóxico levar asuntos a un pleno que pode mudar absolutamente en cuestión de días. Entendemos que levar asuntos que non sexan urxentes ou que dependan da planificación ou de posicionamentos políticos é pouco respectuoso co proceso electoral que vai ter lugar esta mesma semana.

 

Por iso, tampouco Iván Roca quixo facer valoracións políticas en relación con asuntos como o «novo» auditorio de Bastiagueiro, que volve ser tema do pleno durante a propia campaña electoral. A única intervención de Roca neste asunto foi para indicar o noso rexeitamento a que se traten estes temas cando os partidos políticos estamos a demandar á cidadanía o seu apoio e non se trata dunha cuestión que requira atención inmediata.

 

O noso concelleiro e candidato á alcaldía para as eleccións do próximo domingo, Iván Roca, aproveitou para agradecer o traballo dos concelleiros e concelleiras que non se presentan a esta convocatoria.

Ler novas
Novas
Casa_Charry_Oleiros_Wikipedia

Orzamentos municipais de 2020: propostas do BNG

O BNG de Oleiros trasladará ao debate do proxecto de  orzamentos municipais no Pleno de hoxe diferentes propostas en materias como promoción e dinamización da economía local como alternativa para a creación de emprego, seguridade viaria e accesibilidade universal, igualdade, dereito á vivenda, protección do patrimonio e dos espazos naturais, benestar animal ou eficiencia enerxética e loita contra o cambio climático, entre outras.

Ler novas
Propostas
Casa_Charry_Oleiros_Wikipedia

A proposta do BNG, Oleiros declara como persoas non gratas os compoñentes de La Manada

O BNG de Oleiros presentou pola vía de urxencia ao pleno municipal da corporación que se celebrou na tarde de hoxe, un texto polo que propón declarar persoas non gratas no municipio os cinco compoñentes de La Manada, os cinco agresores sexuais dunha moza, á que violaron en grupo, durante os Sanfermíns de 2016 que, tras depósito de fianza, quedaron en liberdade o pasado 21 de xuño por decisión da Audiencia Provincial de Iruña.

Ler novas