Novas
calculadora

Demandas do BNG sobre os orzamentos de Oleiros para 2024

O BNG pide, máis unha vez,  coñecer as propostas veciñais que se formularon ao proxecto de Orzamento Municipal para 2024

 

 

O portavoz municipal nacionalista considera “natural” que todos os grupos coñezan as propostas achegadas polas entidades para poder contrastar a súa incorporación ao proxecto de Orzamento

 

O BNG proporá regulamentar o proceso participativo nos orzamentos municipais, creando mecanismos claros, iguais e transparentes para achegar ideas ou propostas e ter garantía de que todas sexan atendidas e respondidas en tempo e forma

Ler novas
Casa-Charry

O BNG de Oleiros demanda unha modificación do ROM para favorecer a transparencia e a participación

O portavoz municipal nacionalista acha imprescindíbel  “que os rogos e preguntas sexan expostos durante a sesión de cada pleno como até o de agora acontecía. Alén disto  é necesaria a creación da xunta de portavoces como en calquera concello normal, que será a que ordene os asuntos dos Plenos e onde os Grupos poidan chegar a acordos; isto agora non existe, non hai sistema algún que permita unha relación fluída entre os diferentes grupos

Ler novas

Sobre a sentenza xudicial contra o Concello de Oleiros e a favor da Conselleira polas caricaturas do Couto

Observamos con abraio os últimos acontecementos vencellados á «actuación» da Xunta a través da Consellaría de Ethel Vázquez no noso Concello, da «chafallada» da Vía Ártabra e o desleixo máis absoluto no Couto até a improvisación máis electoralista na ocorrencia da pasarela de Santa Cristina, pasando pola calamitosa xestión do transporte metropolitano que afecta en toda a súa crueza a Oleiros.

Ler novas
Francisco_Miguel_Fernández_Moratinos_1897-1936_autorretrato

O BNG propón homenaxear o pintor represaliado Francisco Miguel e á súa familia

O BNG oleirense propón ao goberno municipal da Alternativa dos Veciños “implicarse” activamente na busca de descendentes da familia do artista e xestionar a traída dos restos de Syra Alonso desde México

Francisco Miguel, Syra Alonso e os seus tres fillos vivían en Santa Cruz cando viñeron prender o pintor para “pasealo”. O BNG de Oleiros leva varios anos propondo homenaxear a súa memoria

Ler novas