Concentración e mesa redonda a favor da humanización da Avenida das Mariñas

concentracion_plataforma_humanizacion_avda_das_mariñas_01122017

A Plataforma pola humanización da Avenida das Mariñas vén de convocar dous actos para esta fin de semana na defensa da humanización do tramo da N-VI que pasa por Perillo.

Concentración e mesa redonda a favor da humanización da Avenida das Mariñas

A Plataforma pola humanización da Avenida das Mariñas vén de convocar dous actos para esta fin de semana na defensa da humanización do tramo da N-VI que pasa por Perillo.

Nun primeiro momento convocouse para mañá venres 1 de decembro un corte de tráfico ás 20:00 no cruzamento do Sol y Mar; porén, a Delegación do Goberno non permitiu a interrupción do tránsito. Por este motivo, decidiuse levar a cabo unha concentración de protesta á mesma hora na Praza do Agramar. As medidas solicitadas son a volta momentánea da regulación do tráfico á situación anterior á colocación da rotonda, o prometido soterramento da Avenida das Mariñas e unha mellora no transporte urbano da zona. Con isto quérese acabar coa división da parroquia en dúas partes, separadas por unha estrada extremadamente concurrida,  ademais de evitar posíbeis desgrazas nun futuro.

Por outra banda, o sábado 2 de decembro realizarase unha mesa redonda para tratar este mesmo tema na Casa da Cultura de Perillo ás 17:30 da tarde. No acto participará Fran Rei, o noso portavoz no Concello, facendo un repaso ás diferentes iniciativas que temos presentado ao longo dos anos no Congreso dos Deputados para unha mobilidade máis segura en todo o tramo da N-VI (Avenida das Mariñas) que pasa por Oleiros. Ademais, tamén están convidados a falar o Alcalde, representantes das forzas políticas presentes no Parlamento do Estado e portavoces de distintas plataformas veciñais xurdidas para reivindicar a mellora da seguridade viaria en diferentes puntos da N-VI da comarca.

Desde o BNG – Asembleas Abertas de Oleiros animamos a toda a cidadanía a participar tanto na concentración do venres como na mesa redonda do sábado.

Concentración e mesa redonda a favor da humanización da Avenida das Mariñas