alugueiro
Novas
construción

Oleiros é o concello galego cos alugueiros máis caros. O BNG levará este asunto ao Pleno

Os datos da Estatística de Vivendas Declaradas no IRPF 2024 da Axencia Tributaria confirman que Oleiros é o concello galego cos alugueiros máis elevados, tanto no prezo medio mensual como nos novos contratos. Esta información, baseada nas declaracións do IRPF, constitúe unha radiografía especialmente fiábel do mercado do alugueiro.

O alugueiro medio mensual en Galiza é de 515 euros e de 595 euros nos novos contratos, mentres que a provincia da Coruña acada 524 e 610 euros, respectivamente. Os alarmantes datos municipais sitúan Oleiros á cabeza de Galicia en ambas as dúas categorías cun alugueiro medio mensual de 604 euros e de 756 euros nos novos contratos, de acordo coa estatística de vivendas declaradas no IRPF 2024 da AEAT.

Ler novas