Acto simbólico no embarcadoiro do parque do Seixo

O_Seixo

A madrugada do sábado fixéronse dúas semanas do grave accidente de Luís, veciño da parte cambresa do Graxal, no parque do Seixo mentres, como cada noite, paseaba o seu can. A escasa iluminación da zona, que non chega ao sendeiro do parque máis próximo á beira da ría e a ausencia de calquera medida protectora fixeron que se precipitase ao fondo dun dos vellos embarcadoiros da ría, os cales apodrecen no máis absoluto abandono.

O grave accidente de Luís foi respondido desde as administracións públicas responsábeis, Concello de Oleiros e Demarcación de Costas do Estado, co máis absoluto silencio. Ninguén parece saber nada. Por suposto, ninguén asume responsabilidades. O silencio e a irresponsabilidade van acompañados dunha moi lamentábel falta de humanidade: neste tempo ninguén de ningunha das administracións foi quen de contactar coa familia para interesarse polo estado do accidentado e pórse á súa disposición. A esta familia non lle vai quedar outra que acudir aos tribunais. A xustiza decidirá.

Á neglixencia de toda unha década, sen que se fixese caso das continuas solicitudes que o BNG formulou ano tras ano para que se protexese o perímetro dos foxos e se sinalizase debidamente o seu perigo, séguelle a neglixencia destas dúas semanas: malia o grave accidente de Luís ningunha medida de seguridade urxente foi tomada. Neste tempo os dous embarcadoiros seguiron exactamente igual.

Diante desta gravísima situación o BNG de Oleiros e o de Cambre estivemos na mañá do venres no Parque do Seixo para facermos o que ninguén máis fixo: encintar arredor dos foxos e colocar un sinxelo sinal de advertencia do perigo. A mesma acción que xa fixéramos en novembro de 2016, logo fará dous anos, para advertirmos do que podía acontecer se non se actuaba de inmediato. Por desgraza, pasou. Oxalá que non aconteza nunca máis!

Queremos agradecer moi especialmente á familia de Luís, moi especialmente a súa muller e a seu pai, que onte nos acompañasen neste acto. Tamén ás veciñas e veciños da zona que se achegaron para amosar o seu apoio. Téñennos ao seu carón desde o momento que soubemos o que pasara. Terannos mentres o precisen.

Acto simbólico no embarcadoiro do parque do Seixo