Presentación "Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio" e Lotaría de Nadal
O acto celebrarase este xoves 15 de novembro no teatro das Torres de Santa Cruz ás 20:00 horas. Acompañando aos autores, participarán Iria Taibo (Vieiros) e Carlos Velasco (historiador e profesor da UDC).
Desde o BNG de Oleiros queremos convidarvos a asistir á presentación no noso concello do libro Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo. A obra explica e analiza o procedemento a través do cal a propiedade chegou a mans da familia Franco.
O acto celebrarase este xoves 15 de novembro no teatro das Torres de Santa Cruz ás 20:00 horas. Acompañando aos autores, participarán Iria Taibo (Vieiros) e Carlos Velasco (historiador e profesor da UDC). Animámosvos a todos a asistir.
Ademais, recordamos que, como todos os anos, temos xa á nosa disposición a lotaría de Nadal do partido e non podedes quedar sen ela. Este ano xogamos o número 70640 e as participacións son de 2.50€ (xogando 2€). Tamén con cada unha entrarase no sorteo dun lote de produtos alimentarios galegos. As persoas que estean interesadas en comprar participacións ou levar un talonario para axudarnos a vendela poden contactar connosco por teléfono (687052316, Ana) ou por correo electrónico ([email protected]). Os que asistades o xoves á presentación do libro, tamén poderedes mercala alí.