A FORMACIÓN NACIONALISTA QUERE SABER SE O ESPAZO QUE DÁ SEDE AO CEIDA PODE ACOLLER EVENTOS FAMILIARES OU DE CARÁCTER PRIVADO E BAIXO QUE CONDICIÓNS

O BNG de Oleiros preguntará ao goberno municipal polos usos do Castelo de Santa Cruz

Castillo_Santa_Cruz_Wikipedia
Fonte: Wikipedia

O pasado sábado 7 de xullo á mañá tivo lugar no Castelo de Santa Cruz, sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galiza (CEIDA), un evento de carácter privado totalmente alleo ás actividades divulgativas ou formativas que alí se desenvolven.

Tal celebración, segundo indicaba a decoración colocada na pasarela pola que se accede ao Castelo e segundo puido confirmar o BNG, estivo relacionada co casamento dunha parella. Un feito que sorprendeu á veciñanza de Santa Cruz, pois o Castelo non costuma cederse nin alugarse, dada a natureza das súas actividades, para ningún evento particular ou familiar. De estar contemplada esta posibilidade, sen dúbida moitas serían as parellas, de Oleiros e de fóra, que terían gustado de celebrar a súa voda neste tan emblemático lugar.

Ademais das actividades programadas polo CEIDA, o Castelo acolle exposicións temporais, conferencias ou actos públicos, sempre de carácter aberto, quer organizados desde o Concello de Oleiros quer por entidades coas que o Concello colabora. Porén, ditas actividades públicas quedan supeditadas ás dinámicas de actividade do propio centro e, de feito, téñense denegado solicitudes de uso do espazo, por exemplo á plataforma veciñal Santa Cruz Aberta ao Mar, aludindo a problemas de axenda. Tamén nos últimos tempos non se autorizou, finalmente, a celebración no Castelo dun festival multiartístico promovido por un colectivo cultural coruñés, Sen Ánimo de Nome, porque os organizadores tiñan previsto instalar unha barra con bebidas para autofinanciar o evento: o alcalde de Oleiros explicou naquel momento que non o autorizara porque non ía permitir “converter o Castelo nun botellón”.

Á vista do acontencido o pasado 7 de xullo, dos usos que veñen sendo habituais e tamén dos casos de denegación de solicitudes de uso para actos públicos, o BNG de Oleiros cre necesario que o goberno municipal explique con claridade que tipo de actividades se poden e non se poden desenvolver no Castelo de Santa Cruz, no paseo que o rodea e na pasarela de acceso. Singularmente, o BNG solicita que se explicite se é posíbel celebrar no Castelo eventos de tipo familiar ou particular e baixo que condicións, económicas e doutro tipo.

Para o portavoz municipal nacionalista, Fran Rei, “é preciso aclarar se o Castelo de Santa Cruz pode ter os mesmos usos que a rede de casas municipais de préstamo”, para as que si rexe unha normativa municipal clara e de acceso público a toda a veciñanza.

O BNG de Oleiros preguntará ao goberno municipal polos usos do Castelo de Santa Cruz