O BLOQUE PROPÓN COLABORAR COA FACULTADE DE CIENCIAS DO DEPORTE DA UDC NO DESEÑO DE INICIATIVAS EN FAVOR DA VISIBILIDADE E CONTRA A LGTBIFOBIA NO DEPORTE

O BNG de Oleiros propón deseñar para próximos anos unha programación municipal ampla, ambiciosa e diversa arredor do Día do Orgullo LGTBIQ+

Oleiros_LGTBIQ
Fonte: @ConcelloOleiros (Twitter oficial do Concello de Oleiros)

O BNG de Oleiros alégrase de que o municipio por fin comece a dar pasos simbólicos para visibilizar o Día do Orgullo, data que conmemora a revolta homosexual no Village neoiorquino en 1969, logo de propostas nesa mesma dirección que, formuladas en lexislaturas anteriores, nunca foran atendidas. O Bloque anima, non obstante, o goberno municipal oleirense a dar “máis pasos adiante” e a comezar a traballar de cara a anos futuros nunha programación municipal LGTBIQ+ ambiciosa, diversa nas súas expresións e dirixida ao conxunto da veciñanza.

O BNG de Oleiros propón deseñar para próximos anos unha programación municipal ampla, ambiciosa e diversa arredor do Día do Orgullo LGTBIQ+

Na noite do pasado 28 de xuño, día en que en todo o planeta se conmemora o Día internacional da visibilidade lésbica, gai, bi, trans e intersexual ou Día do Orgullo, o Castelo de Santa Cruz foi iluminado, por segundo ano consecutivo, coas cores da diversidade LGTBIQ+. Ese mesmo día o pleno municipal aprobaba por vez primeira, co respaldo de todos os grupos, unha declaración institucional, promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), en defensa dos dereitos dos colectivos non heteronormativos.

O BNG de Oleiros alégrase de que o municipio por fin comece a dar pasos simbólicos para visibilizar o Día do Orgullo, data que conmemora a revolta homosexual no Village neoiorquino en 1969, logo de propostas nesa mesma dirección que, formuladas en lexislaturas anteriores, nunca foran atendidas.

O Bloque anima, non obstante, o goberno municipal oleirense a dar “máis pasos adiante” e a comezar a traballar de cara a anos futuros nunha programación municipal LGTBIQ+ ambiciosa, diversa nas súas expresións e dirixida ao conxunto da veciñanza, ao xeito da que cada vez desenvolven máis concellos galegos. Orgullos de vilas como Lalín, Tomiño, Rianxo, Bueu, Sarria...ou experiencias non institucionais como o Festival Agrocuir de Monterroso, en defensa dun Orgullo no rural, están a demostrar que é posíbel desenvolver propostas deste tipo non só nas cidades.

O BNG de Oleiros valora moi positivamente o traballo formativo e informativo que se desenvolve, por exemplo, a través dos obradoiros municipais nos centros de ensino ao longo de todo o ano, nos cales se inclúen temáticas LGTBIQ+. Neste mesmo sentido, ao Bloque parécelle “especialmente interesante” aproveitar a presenza da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física no municipio para traballar conxuntamente en propostas dirixidas a combater os prexuízos de xénero ou a lgtbifobia no deporte.

O BNG de Oleiros propón deseñar para próximos anos unha programación municipal ampla, ambiciosa e diversa arredor do Día do Orgullo LGTBIQ+