Convocatoria de dúas charlas-coloquio a propósito da folga feminista do 8 de marzo
Para alentar o debate social sobre a histórica convocatoria da folga feminista do 8 de marzo, desde o BNG de Oleiros convocamos dúas charlas-coloquio, unha en Santa Cristina e outra en Santa Cruz, para estes vindeiros luns e martes, 5 e 6 de marzo.
O vindeiro xoves 8 de marzo todas as mulleres están chamadas a secundar unha xornada de folga en diferentes países de todo o planeta. En Galiza diferentes organizacións sindicais convocan paros laborais de 2 horas por quenda de traballo, mais outras convocan folga de 24 horas. Non se trata soamente dunha xornada de folga no ámbito laboral, insisten os colectivos feministas: é tamén unha folga estudantil, de coidados e de consumo.
Para alentar o debate social sobre esta histórica convocatoria convocamos dúas charlas-coloquio para estes vindeiros luns e martes, 5 e 6 de marzo, as dúas ás 19.30 horas. A do luns será en Santa Cristina, na Churraría 1965 (Rúa de Rafael Alberti, 2), e a do martes en Santa Cruz, no Lar Espazo Aberto (Rúa Dolores Ibárruri, 6-baixo).
Animámosvos a acudir e participar!