Propostas
A proposta do BNG, Oleiros declara como persoas non gratas os compoñentes de La Manada
28/xuño/2018
O BNG de Oleiros presentou pola vía de urxencia ao pleno municipal da corporación que se celebrou na tarde de hoxe, un texto polo que propón declarar persoas non gratas no municipio os cinco compoñentes de La Manada, os cinco agresores sexuais dunha moza, á que violaron en grupo, durante os Sanfermíns de 2016 que, tras depósito de fianza, quedaron en liberdade o pasado 21 de xuño por decisión da Audiencia Provincial de Iruña.