Iván Roca Cruz será o candidato para as vindeiras eleccións municipais
Iván Roca Cruz é veciño de Dexo e xurista de Institucións Penitenciarias no centro de Teixeiro. Leva máis de vinte anos afiliado ao BNG e é membro da Irmandade Xurídica Galega, CIG e Santa Cruz Aberta ao Mar. É o portavoz municipal do BNG desde o pasado xaneiro, en substitución de Xurxo Martínez Caño, que tivo que deixar esta responsabilidade por motivos laborais.
O obxectivo da súa candidatura é continuar coa liña de traballo construtivo e obxectivo a favor dun concello de Oleiros transparente e dialogante. Todo o equipo que o acompaña traballará por un modelo de concello pensado para os veciños e veciñas de Oleiros, e cunha clara aposta polos servizos públicos e implicado no desenvolvemento harmónico da comarca.
O BNG de Oleiros presentará a súa candidatura o próximo día 1 no Hotel As Galeras, acompañado de varios membros da listaxe e de Mercedes Queixas, deputada no Parlamento Galego.