O BNG de Oleiros sobre o vertido de pintura ao río en Santa Cruz do luns pasado: “seguramente non haxa que ir moi lonxe da zona do Parque dos Patos para dar cos infractores”

vertidos río Santa Cruz outubro 2019

O luns pasado, a primeira hora da mañá, unha substancia branca tinxiu durante unhas dúas horas un treito das augas do río que atravesa o Parque Luís Seoane de Santa Cruz, a zona coñecida na localidade como “Parque dos Patos” por ser a zona de morada e descanso habitual destas aves. A veciñanza, alertada polo vertido, chamou ao 112, que deu aviso aos servizos da Xunta de Galiza. Ao día seguinte, o goberno municipal aclaraba que a substancia vertida era pintura, ao tempo que solicitaba a colaboración veciñal para dar coa persoa ou persoas infractoras.

O BNG de Oleiros, que nun primeiro momento se fixo eco da alerta veciñal denunciando publicamente o suceso, agradece a celeridade e a seriedade con que o goberno municipal tratou este episodio de contaminación e, co máximo interese por aclarar a súa orixe, seguiu a investigar estes días pola zona.

Froito de diversas fotografías tomadas, onde mesmo se pode apreciar o punto exacto no que comezaba a aboiar a pintura na auga o pasado luns, o BNG conclúe que “seguramente non haxa que ir moi lonxe da contorna máis próxima ao parque” para dar coas mans humanas que ocasionaron esta acción contaminadora sobre o río, pois “casualmente, o interior dun dos novos edificios de vivendas que se está a construír no centro mesmo de Santa Cruz está sendo estes días pintado de branco”. Onte mesmo, tal e como se pode apreciar noutra das imaxes que se xuntan, nun dos contedores de obra situados xunto ao parque había depositados materiais coa mesma pintura. “E, casualmente, xunto a ese contedor hai unha tapa de rexistro de pluviais”.

Como se diría empregando a terminoloxía xudicial, pode que non haxa probas firmes, mais si indicios aproximados sobre onde puido estar a orixe do vertido. “Indicios suficientes”, cre o BNG oleirense, “para que o goberno local poida investigar nunha determinada dirección”.