O BNG de Oleiros denuncia vertidos de restos de obras particulares en diferentes puntos do Monumento Natural da Costa de Dexo – Serantes
Hai uns meses foi na contorna do Bosque dos Veciños e do Parque Metropolitano de Liáns ou tamén na fraga do Bañil, nas proximidades de Santa Cruz. Desta volta o BNG de Oleiros denuncia a presenza de vertedoiros incontrolados de restos de obras, pezas metálicas, plásticos e outros residuos en pleno corazón do Monumento Natural da Costa de Dexo – Serantes, un espazo natural protexido que fai parte da Rede Natura 2000.