O BNG de Oleiros enche de versos de Rosalía a Avenida do municipio que leva o nome da poeta

Rosalia_de_Castro_poemas

O BNG de Oleiros desenvolveu esta mañá en Perillo e en Montrove unha "acción poética" simbólica para visibilizar nas rúas do municipio a obra de Rosalía de Castro.

A formación nacionalista escolleu a avenida que leva o nome da escritora galega máis universal, que discorre de Perillo a Lamastelle, para colocar todo ao longo dela unha serie de letreiros con poemas da autora de Cantares Gallegos ou Follas Novas.

A acción, que busca visibilizar a figura e a obra de Rosalía máis alá do pasado 24 de febreiro, no que se celebra o nacemento da poeta, ten tamén o obxectivo de facer un chamado á mobilización de todas as mulleres de cara á convocatoria de folga e mobilizacións feministas previstas arredor do 8 de marzo.

De feito, entre os poemas escollidos na acción figuran algúns dos versos máis inequivocamente feministas da escritora: "De aquelas que cantan as pombas e as frontes", "Soia" ou "A xustiza pola man".

O BNG de Oleiros enche de versos de Rosalía a Avenida do municipio que leva o nome da poeta