Xuntanza de Fran Rei con Xurxo Dopico, decano da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física
Hoxe mércores 22 de maio celebrouse no edificio do InefG (Oleiros) unha xuntanza de Fran Rei con Xurxo Dopico, decano da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física.
Durante dúas horas , Fran Rei e outros membros da candidatura do BNG de Oleiros mantiveron unha charla con Xurxo Dopico e colaboradores do seu equipo decanal arredor da temática deportiva e a relación do mundo do deporte co Concello de Oleiros, intercambiando experiencias sobre proxectos, infraestruturas e ideas de cara a unha colaboración futura.
A conversa foi satisfactoria, salientando a importancia desta facultade con máis de oitocentos matriculados no tecido social e económico de Oleiros. Para o BNG, a Facultade de Ciencias do Deporte de Bastiagueiro é algo máis que unhas magníficas instalacións: é un importantísimo laboratorio de ideas e proxectos, cuxo potencial Oleiros debe aproveitar á hora de deseñar a súa política municipal para o ámbito deportivo. Fran Rei estivo acompañado por Iria Taibo, Loli Loureiro, Iván Roca e Uxío Pedreira, todos eles integrantes da lista do BNG nas vindeiras municipais de Oleiros.