Acto público de presentación da candidatura na Casa Charry de Oleiros
Este sábado 18 de abril ás 20.30 horas imos presentar a todo o noso pobo a candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Oleiros.
Vai ser un acto sinxelo, alegre, dinámico, fresco: como entendemos no BNG-Asembleas Abertas de Oleiros que debe ser o auténtico exercicio da política e como entendemos tamén que debe ser o concello que aspiramos a transformar, a seguir construindo de común acordo coa inmensa maioría social do noso pobo.
No acto intervirá o noso actual concelleiro e portavoz municipal, Manuel Sarmiento, a nosa deputada no Parlamento de Galiza Ana Pontón e o noso candidato á Alcaldía, Fran Rei. Mais tamén haberá tempo para algunhas sorpresiñas musicais que seguro que son do voso agrado, e que farán do acto unha pequena festa que queremos compartir con tod@s vós: veciñ@s e amig@s.
Logo aínda haberá tempo de lle ir tomar un viño no Tiberio. Despois, a partir das 22 horas, a festa segue cunha Cea de Irmandade na Cervexaría LORD de Santa Cruz, á que por suposto convidamos a todo o mundo (prezo: 15 /persoa - 10 para a xente nova). Podédesvos anotar no correo [email protected] ou no teléfono 679 721 687.