Propostas para o municipio aos orzamentos da Xunta para 2023

Costa_de_Dexo

O BNG de Oleiros trasladou ao debate parlamentario sobre os Orzamentos da Xunta para 2023 propostas para o municipio por valor de máis de dous millóns de euros. Medio ambiente, sanidade ou ensino concentran, un ano máis, o groso das nosas suxestións.

 

Propostas para o municipio aos orzamentos da Xunta para 2023

Un ano máis, o BNG de Oleiros vén de trasladar ao Parlamento de Galiza unha serie de propostas de investimento para o municipio no marco do debate do proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano 2023.

As propostas que, en forma de emenda, traslada o Bloque de Oleiros a través das deputadas e deputados nacionalistas ao debate orzamentario ascenden, no total, a algo máis de dous millóns de euros.

Os centros de ensino de Oleiros e as necesidades das súas comunidades educativas son obxecto dunha das emendas, neste caso por valor de 600.000 €. Propóñense distintas melloras de reforzo educativo e en infraestruturas no CEIP A Rabadeira, no CEIP Juana de Vega de Nós, no CEIP Valle Inclán de Perillo, nos CEIP Luís Seoane de Mera e Isidro Parga Pondal de Liáns, así como obras de conservación nos tres IES do municipio.

A sanidade é un ámbito de especial interese dado o crecemento da poboación ano tras ano, polo que se propón a creación dunha praza estábel de pediatría e enfermería pediátrica para os centros de Mera e Oleiros, xunto con melloras varias por valor de 200.000 . O BNG propón tamén mediante emendas a reforma do PAC de Santa Cruz (500.000 ) e máis medios materiais para o servizo de matronas (150.000 €).

Os outros investimentos propostos para Oleiros nas contas autonómicas para 2023 quedan no ámbito da Consellaría de Medio Ambiente. Así, o BNG propón aumentar en medio millón de euros o orzamento do CEIDA, no que debería ser o inicio dun plan de financiamento plurianual estábel que garanta a estabilidade dun centro de estudo e divulgación absolutamente referencial a nivel galego e internacional. Na mesma liña, o Bloque segue a demandar, propoñendo asignar unha dotación económica concreta para ese fin (300.000 €), o desenvolvemento real da figura do Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes como espazo protexido mediante a redacción e execución dun plan de xestión.  

Propostas para o municipio aos orzamentos da Xunta para 2023