Novas
proposta
Propostas
O BNG de Oleiros propón un plan de xestión para o Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes e demanda unha implicación “moito máis activa” da Xunta de Galiza
12/feb./2019
O BNG, que comparte plenamente co goberno municipal a preocupación e indignación a raíz do acontecido, solicita consultar o expediente para saber con exactitude desde cando se tivo noticia do que estaba a acontecer nos montes de Dexo e tamén que actuacións concretas se teñen desenvolvido até a data de hoxe, en concreto que empresas foron identificadas como autoras das infraccións e se xa está en marcha algún procedemento sancionador contra elas, así como se foi presentada por parte do Concello, ou está previsto facelo, algún tipo de denuncia ambiental perante os organismos públicos correspondentes.
Novas