Reserva da Biosfera
Novas
Costa de Dexo

A Reserva da Biosfera recoñece o desleixo padecido pola Costa de Dexo

A Reserva da Biosfera súmase á Xunta da Galiza recoñecendo o desleixo padecido pola Costa desprotexida de Dexo e denunciado polo BNG durante lustros, perante a desaparición total das Administracións nas súas obrigas.

As denuncias insistentes do BNG de Oleiros situaron o foco no abandono absoluto da Costa desprotexida de Dexo. As Administracións por “vergoña” e cun intolerábel atraso, comezan a mover ficha.

Ivan Roca, concelleiro do BNG en Oleiros pregúntase “ se a Reserva da Biosfera ten competencias para “restrinxir” ou “regular” os usos na Costa de Dexo. Até cando a Xunta seguirá co  abandono absoluto do Monumento Natural ou se o Concello de Oleiros se sumará á opinión unánime de abandono da Costa de Dexo ou seguirá autorizando actuacións na mesma con criterios propagandísticos e de mera publicidade”.

Ler novas