Novas
O BNG de Oleiros denuncia a grave situación de risco para a mobilidade a pé nas rúas Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo, en Dorneda
11/xuño/2018
Ambas as dúas rúas (Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo) carecen de calquera mínima beirarrúa ou beiravía que permita o paso coas necesarias garantías de seguranza a pé. O tránsito de persoas tense que desenvolver integramente na calzada, polo que cando dous vehículos (un en cada sentido) coinciden na Rúa Manuel Pardo de Andrade con algún peón a seguranza na vía convértese en totalmente inexistente, véndose obrigados os coches a deterse. O mesmo acontece na Rúa Santo Domingo, onde a convivencia entre viandantes e vehículos no único sentido da vía é imposíbel.