FRAN REI: “NA AC-183 QUEDA DEMOSTRADO O DESLEIXO DA XUNTA COA REDE VIARIA QUE É DA SÚA COMPETENCIA. SE NON A SABEN XESTIONAR QUE A TRANSFIRAN AO CONCELLO”

O BNG de Oleiros denuncia a grave situación de risco para a mobilidade a pé nas rúas Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo, en Dorneda

Rúa Santo Domingo Dorneda

Ambas as dúas rúas (Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo) carecen de calquera mínima beirarrúa ou beiravía que permita o paso coas necesarias garantías de seguranza a pé. O tránsito de persoas tense que desenvolver integramente na calzada, polo que cando dous vehículos (un en cada sentido) coinciden na Rúa Manuel Pardo de Andrade con algún peón a seguranza na vía convértese en totalmente inexistente, véndose obrigados os coches a deterse. O mesmo acontece na Rúa Santo Domingo, onde a convivencia entre viandantes e vehículos no único sentido da vía é imposíbel.

O BNG de Oleiros denuncia a grave situación de risco para a mobilidade a pé nas rúas Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo, en Dorneda

Coa apertura da Vía Ártabra o tránsito procedente do norte do Concello de Oleiros e do oeste do Concello de Sada desprazouse desde a estrada AC-173 á AC-183 (Rúa Manuel Pardo de Andrade), ambas de competencia autonómica.

A Rúa Manuel Prado de Andrade, no tramo que vai desde a saída da Vía Ártabra dirección Santa Cruz e A Coruña, e até o seu enlace coa AC-173 á altura de Arillo, tense convertido nos últimos anos nunha estrada de alta concentración de tránsito non só procedente da citada Vía Ártabra, senón tamén da Urbanización Rialta e, nomeadamente, dos vehículos que veñen do Complexo Deportivo Municipal de Dorneda a través da Rúa Santo Domingo (rúa de sentido único).

Ambas as dúas rúas (Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo) carecen de calquera mínima beirarrúa ou beiravía que permita o paso coas necesarias garantías de seguranza a pé. O tránsito de persoas tense que desenvolver integramente na calzada, polo que cando dous vehículos (un en cada sentido) coinciden na Rúa Manuel Pardo de Andrade con algún peón a seguranza na vía convértese en totalmente inexistente, véndose obrigados os coches a deterse. O mesmo acontece na Rúa Santo Domingo, onde a convivencia entre viandantes e vehículos no único sentido da vía é imposíbel.

A realidade é que estas vías da parroquia de Dorneda aínda non se adaptaron ás novas infraestruturas viarias ás que dan acceso (Vía Ártabra), como tampouco á mobilidade resultante do equipamento deportivo municipal próximo ou á densidade de poboación existente en Arillo. A coexistencia entre tránsito a motor, a pé ou mesmo en bici provoca situacións de grave risco que poden ocasionar accidentes que cómpre evitar.

Desde o BNG de Oleiros urximos ás autoridades competentes, Xunta de Galiza e Concello, á inminente execución de espazos seguros na beira das devanditas vías para a circulación a pé e tamén á analise da pertinencia dos actuais límites de velocidade nas mesmas, alén da consideración da posíbel necesidade de instalación de pasos de peóns ou de rede semafórica.

Unha vez máis, no caso concreto da AC-183, o BNG ve evidente o desleixo con que o goberno galego atende a rede viaria que é da súa titularidade e cre “infinitamente máis positivo para a veciñanza” que os tramos urbanos da rede viaria do municipio pasen a ser de titularidade municipal, como xa o é a AC-173 en parte do seu percorrido ou como será proximamente o último tramo da Avenida de Rosalía de Castro na parroquia de Perillo.

O BNG de Oleiros denuncia a grave situación de risco para a mobilidade a pé nas rúas Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo, en Dorneda