EÓLICA, AO SERVIZO DE QUEN?

O mércores 15 de maio ás 19:30 na Casa Charry falamos sobre como reverter para a cidadanía o uso do territorio que fai a enerxía eólica

enerxía
enerxía
O mércores 15 de maio ás 19:30 na Casa Charry falamos sobre como reverter para a cidadanía o uso do territorio que fai a enerxía eólica

O mércores 15 de maio, ás 19.30, na Casa Charry, en Oleiros, conversaremos con Manuel Requeixo, alcalde de Muras, e con Xavier Simón, profesor na Universidade de Vigo e responsábel do Observatorio Eólico de Galiza.

Muras é un dos concellos que se significou por facer que o pobo obteña beneficios directos do inmenso custe que supón a implantación de parques eólicos no territorio. Xavier Simón é profesor na universidade de Vigo e o responsábel do Observatorio Eólico de Galiza, e tamén foi alcalde do concello de Arbo, polo Bloque Nacionalista Galego. Simón e Requeixo ofrecerannos a visión técnica e política sobre dos temas que está a ser e seguirá sendo actualidade, o da enerxía eólica e a afectación á veciñanza, ao territorio e ao medio ambiente.

Estarán presentados polo noso portavoz municipal, Iván Roca.

O mércores 15 de maio ás 19:30 na Casa Charry falamos sobre como reverter para a cidadanía o uso do territorio que fai a enerxía eólica