SERÁ UNHA DAS PRIMEIRAS INICIATIVAS PRESENTADAS POLA NOVA DEPUTADA NACIONALISTA, A OLEIRENSE IRIA TAIBO

O BNG interesarase no Parlamento polo saneamento do Porto de Lorbé

Porto de Lorbé
Porto de Lorbé
O BNG interesarase no Parlamento polo saneamento do Porto de Lorbé

No pasado mes de febreiro, a Xunta de Galiza finalizou o último treito da Vía Ártabra no porto de Lorbé, acompañado dos correspondentes traballos de mellora, dentro dos cales ficaron instalados trece novos sumidoiros e as conducións que facilitan a instalación do bombeo de saneamento.

Na actualidade, o Porto de Lorbé, competencia da Xunta de Galiza, carece de saneamento, co conseguinte problema sanitario e ambiental. Unha das novas deputadas do grupo parlamentario do BNG, a oleirense Iria Taibo, preguntará se a Xunta de Galiza ten previsto asumir o saneamento do Porto.

Este asunto último foi tratado no último pleno de Oleiros, e o alcalde manifestou que existe unha discrepancia entre as dúas institucións sobre a cal das dúas corresponde a competencia de pór o servizo de saneamento en marcha, xa que o Concello considera que debe ser a Xunta por pertencer a Portos, e a portavoz do Partido Popular manifestou que debería ser o Concello o que se faga cargo debido a que o saneamento corresponde tamén a unhas vivendas da zona.

A deputada nacionalista fará seguimento deste tema, polo que xa se interesara en plenos anteriores o portavoz municipal do BNG en Oleiros. Ademais disto, Taibo presentará nos próximos días novas iniciativas en relación con temas vinculados a Oleiros, como a situación da Casa do Mar de Mera.

O BNG interesarase no Parlamento polo saneamento do Porto de Lorbé