DENDE O BNG DE OLEIROS DEMANDAMOS Á XUNTA DA GALIZA QUE INFORME Á MAIOR BREVIDADE POSÍBEL SE EXISTE ALGUNHA AUTORIZACIÓN PARA A PRESENZA DESTES ELEMENTOS NO MONUMENTO NATURAL DA COSTA DE DEXO

O BNG de Oleiros denuncia a presenza de drons na Costa (des)protexida de Dexo

Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes
O BNG de Oleiros denuncia a presenza de drons na Costa (des)protexida de Dexo

Veciños do norte do Concello de Oleiros denuncian a presenza de drons e vehículos circulando na Costa (des)protexida de Dexo, concretamente na zona do Seixo Branco. Lembramos que o voo deste tipo de obxectos está restrinxido en espazos protexidos ao abeiro da Rede Natura. 

A presenza destes vehículos aéreos non tripulados (drons) non é o máis acaído para unha zona protexida destas características en pleno período de aniñamento de aves.

Motos de cross, trails masivos, vehículos circulando e drons, que será o vindeiro que vexamos na Costa desprotexida de Dexo? Unha filmación dun filme de “Mad Max”?

O BNG de Oleiros denuncia a presenza de drons na Costa (des)protexida de Dexo